O TESON

Acerca de ...
Ver perfil público del propietario del blog
Antigo blog da Asociación O Tesón, para contactar o_teson//@//yahoo//.//es Novo blog: <a href="http://o-teson.blogspot.com">aquí</a>
Participantes
Buscador

Servicio cortesia de miarroba.com

Valid XHTML 1.0!

Valid CSS!

CSS - Tableless

sábado, 08 de diciembre de 2007
A Asociación de veciños O Tesón continúa na procura dun futuro para o castro das Grobas (Vilaselán, Ribadeo). Neste sentido, comezou a deseñar unha serie de actuacións en conxunto con outras entidades públicas, das que a primeira ten día e hora: a conferencia 'Posta en valor dun elemento arqueolóxico”, por Abel Vigo, arqueólogo municipal de Mondoñedo, terá lugar no salón de actos da Casa do Mar o 29 de decembro de 2006. Esta actuación, que conta coa colaboración da Fundación Comarcal da Mariña Central, está prevista coa finalidade de aproveitar o exemplo do castro de Zoñan, en Mondoñedo, para a posta en valor do Castro das Grobas.
Espeŕase continuar estas actuacións con outra conferencia cara a finais de febreiro sobre os castros de Ribadeo e outra cara a finais de febreiro que se centre no castro das Grobas. Asemade, haberá outro tipo de actuacións, incluńo a presentación da carpeta divulgativa sobre Zoñán (que se fará o mesmo día 29 xunto coa conferencia e que pretende ser asemade unha homenaxe á persoa que a concebiu, Suso Peña), unha exposición sobre este castro (prevista para a segunda parte de xaneiro) e un novo paseo ó castro, unha volta finalizado o desbroce iniciado a instancias da Delegación Provincial da Consellería de Cultura e presentado polo primeiro tenente de alcalde hai poucas datas. deste xeito, aglutinando actividades en relación co castro coa Fundación Comarcal da Mariña Central e a Mariña Oriental, co propio Concello e coa Delegación Provincial da Consellería de Cultura, esperamos dar un impulso ó coñecemento sobre o castro, ó interese dos veciños e en consecuencia, a un futuro mellor para o xacemento arqueolóxico.
Ribadeo, decembro 2006

Comentarios